Servicio de búsqueda personalizada

Búsqueda personalizada

Seguidores

Almas y más almas...

Cargando...

Manuel Alfonso Estévez - Poemas gallegos


Queridos amigos:
De acuerdo con vuestro ofrecimiento, os envío unas “Gabiadas dun home de aldea” (gaviadas equivale a surcos en gallego, de un hombre de aldea, que así me gusta presentarme, aunque viva en la ciudad de Vigo), para que si os parece ben, me las publiquéis, especialmente para los gallegos y posiblemente alguno de nuestra tierra que por ahí hay bastantes.
Os saluda muy atentamente, Manuel Alfonso Estévez.


GRAZAS FORNELOS DA RIBEIRA

Ti fuches a miña vida,
A miña terra,
O meu amor primeiro.

No eido dos Cambra,
Déchesme todo,
Grazas, polo que fixeches,
E fixéchelo ben.

Fuches, es e serás,
Parte da miña vida,
E se non fose por ti
Non estaría hoxe aquí.

Grazas Fornelos da Ribeira,
Grazas por escribir estas verbas
En recoñecemento a ti,
¡Grazas, Fornelos, grazas!


ESTAMOS NO TEMPO ...

Estamos no tempo de erguer
O estadullo,
De dar voz en vivo,
De desbordar os regueiros
Pola Terra,
É ser río de Luz
(con poucas verbas vos ligo).

Hoxe, tócanos vivir
A golpes, si é preciso,
A alma en furo vivo
Porque Galicia. Si é primeiro
¡agarda o sacrificio!.

Ben sabedes, amigos,
Ben sabedes que Galicia
Ten que ser xogo LIMPO.


O DÍA MAIS TRISTEIRO

E que o día mais triste do teu futuro,
Non sexa peor que o día
Mais feliz da túa vida.
Procura, amigo meu, que o teito non caia
Enriba de ti,

E que os amigos reunidos
Debaixo del, nunca se vaian,
Que sempre teñas verbas
Belidas nunha noite fría,
Unha lúa chea,
Unha noite escura,
E que o vieiro de sempre
Abra as túas portas.
Que vivas cen anos con un ano extra
Para arrepentirse.

E que Deus te garde na súa man
E non aperte moito o “puño”.

Que os veciños respecten teus problemas,
Non te abandonen, e a sorte te protexa
E que o ceo te acolla, como te mereces,
E tamén que a fortuna de Breogán te abrace.

Que a boa sorte te persiga cada día e cada noite;
Que teñas un muro contra o vento, un teito
Para a chuvia, augardente xunto o fogo,
Risas para o consoo daqueles que amas,
E que enches o corazón con todo o que desexes.

Que Deus este contigo e te bendiga,
Que vexas os fillos dos teus fillos,
E que o infortunio sexa leve
E te deixe “rico” en beneficios.

Que non coñezas mais que a felicidade,
Dende este día en adiante.
Que Deus te conceda moitos anos de vida,
El sabe que na Terra non ten suficientes anxos
Para que o camiñar saian o encontro.

Que o vento sempre este detrás de ti e a chuvia caia
Suave sobre a Terra de Breogán,…
Que así sexa cada ano e para sempre Amén.


ESTE MEU VIGO

Este meu Vigo, de ocio e mar,
De turistas e mariñeiros,
Coa verdade por diante
(E tamén de aventureiros)
Temos un Vigo puxante.

Este meu Vigo, puxante
Dunha cidade industrial,
Comercial e de servizos,
De numerosos congresos
E de eventos deportivos.

Este meu Vigo, puxante
De inmensa actividade
Repón o corpo efectivo
Co copeo e con tapeo
Representando o turismo.

Este meu Vigo, quen ademais
De natureza e o mar,
É o Edén de turistas e aventureiros;
Ben sendo algo de verdade e mentira,
A Ría dos mil destinos.

Este meu Vigo, é a grande reserva,
Dos nosos irmás do Morrazo,
De Baiona e o Condado,
Coas terras portuguesas
De Monçao e de Melgazo.


A CAPELA SANTA ROSA DO CASCO

¿Dime Señor, no escuro da vida,
Como Xesús Cambra e Rivas,
Foise quedando con ela?

Na clausura cega
Da familia porfiada
E da Rosa Ánxela, golpeada:
Soia é sen soidade
Corazón único,
Espido o fin,
Desta inmortal capela
Soia e en escuro
A rosa foi verdadeira.

Viu de Arxentina,
Do Bos Aires, sen ruídos
Cos ollos adultos e soños
A habitar o seu destino:
A orfandade da pedra,
A buscar “rostros” esquecidos
No eido sempre querido.

Viu a entronizala santa
Como sempre, obedecendo
A soidade
É o paraíso perdido.

---
Imagen: Carlos Vacarcel - 1985
---

Los libros de Daniel Galatro

Los libros de Daniel Galatro
en Lulu.com
Powered By Blogger

Trabaja con dinero mail en tu Blog

Dineromail, para enviar y recibir dinero via e-mail

TodoAr

artelista

Arte en internet
Arte en internet

Bloxdir

Directorio de blogs

El Aleph

Blogalaxia

Technorati

Add to Technorati Favorites

El Blog del Poeta

El Blog del Poeta
Crónica del viento